We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Nyarlathotep Ouvea Nalgures

by N.O.N.

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Credes que o mar é unha fonte inagotable Vivides de explotalo, de agotalo Cada vez menos especies, cada vez máis porcallada Pero non vos preocupades, porque será mal que deixades aos fillos Mais estade atentos, e non vos pasedes Cthulhu durme, pero ha espertar E eu non querería ser quen estivese diante del. Enorme, enfadado, buscando sangue. Estade moi atentos, e non vos pasedes Enorme, enfadado, buscando sangue. Estade moi atentos, e non vos pasedes Cthulhu durme, pero ha espertar E eu non querería ser quen estivese diante del. Enorme, enfadado, buscando sangue. Con sorte, só o veredes ir e a vosa cordura irá ao tacho Pero total, pouca diferenza haberá co voso actual estado. Na fin, non é a vosa culpa, só queredes sobrevivir nun mundo absurdo nun mundo xa tolo nun mundo que semella estar xa controlado polo que durme en R'lyeh nun mundo absurdo nun mundo tolo nun mundo que semella controlado polo que durme en R'lyeh
2.
É moi doado pensar que o inimigo Chega de fóra, sedento de morte Mais o que debemos ter sempre en conta É que o inimigo xa ostenta o poder Son os que te explotan, que xogan contigo Nese xogo inxusto onde só vas perder Viven do teu suor e do tempo Que vendes por precisar algo que comer Eses son os verdadeiros monstros Por iso non debes temer a ningún deus Porque se Azathoth esperta ou se Yog-Sothoth vén Todo o malo será que deixes de sofrer Porén na vida que che trae o capital Só queda esforzarse ata envellecer E despois ir minguando. Desaparecer. Eles, por contra, van vivir ben. Non teñen problema, o seu tempo é o teu. Vendíchesllo e non verás nada a cambio Con sorte as migallas que deixen caer. Por iso, invoquemos a Cthulhu alomenos Que veña o xigante e que toleen e toleen Os bós e os malvados, que todas imos morrer E así, polo menos, eles non van vencer.
3.
A chave e a porta virá algún día e traerá sufrimento, maldade e agonía Mais polo menos é un deus xusto e astuto, non é corrupto e polo menos ten moral. Ademais trae outra cousa esencial, sabedoría. Isto xa é máis do que nos vai dar Algún día o mandato da burguesía. Isto xa é moito mellor que a mentira da democracia burguesa. Beneficiada pola estupidez da poboación Controlándoa malia a súa torpeza Nun sistema que só prima poder e corrupción. Por iso, ante a opción entre Yog-Sothoth Ou o goberno da burguesía É preferible un deus exterior, pero omnisciente Que reinará durante eóns con crueldade e saber.
4.
Miles de anos Medrando e medrando Aniquilando inimigos Adorando a Cthulhu E de súpeto vides vós, Prantades fábricas de merda Porque é unha fábrica de merda, unha de papel Que depreda todo o que hai na ría Non vos importou nada máis que o voso peto Dende sempre só queredes inflar a vosa conta Non entendedes nada máis Sodes monstros Sodes lixo E contaminades non só a auga senón o corazón dos vosos fieis Entre adorar a deuses violentos ou adorar ao deus diñeiro pouca diferenza atopo, salvo que polo menos, os profundos son honestos. Nin marisco, nin industria marítima nin profundos quedan xa Pai Dagón e Nai Hidra Sairán da ría E a vinganza será cruel Pero será moito menos dura Que a que vos merecedes a mans da poboación á que roubastes a paisaxe, a saúde e a cordura
5.
Cres todo o que reforza a túa postura en internet Novas do whatsapp, vídeos do youtube Twits propagados por bots. Cres que Iker Jiménez é un crack Que Pérez Reverte tamén Compras discursos pro capital Crendo que amenazan ao poder Porque ti non es máis ca un anormal. Porque ti non es máis ca un anormal. Xamais foches de ler No instituto só ías ao recreo Pensabas que molabas Pero de adulto ninguén te toma en serio Reforzas a túa postura moral Rexeitando á ciencia e á investigación Porque ti es tan langrán Que cres que ver un vídeo é investigar. O mellor é que sei que te sabes inútil E fas iso por reforzarte Porque tomarte en serio e aprender Ou ter humildade é un disparate Se Azathoth esperta e destrúe o universo Polo menos terá feito algo bo: Eliminar a existencia dos que son coma ti Porque sodes o peor que deu a evolución
6.
7.
Non facía falla insultar a Lavinia Tampouco apartala só por ser rara O medo é o medo, e sempre fai estragos Na xente noxenta que vive encerrada Os Wateley eran xente normal Que crían en deuses estraños, e xa Maltratala a ela por ser especial Foi temer ao poder que unha muller pode adoptar Wilbur naceu aínda máis estraño Cun corpo especial, froito do seu pai Medrou e medrou, máis listo ca un allo E os veciños, merdentos, só o sabían marxinar Os Wateley eran xente normal Que crían en deuses estraños, e xa Wilbur naceu aínda máis estraño Cun corpo especial, froito do seu pai Medrou e medrou, máis listo ca un allo E os veciños, merdentos, só o sabían marxinar Os Wateley eran xente normal Que crían en deuses estraños, e xa Aínda así eran deuses que viñan E facían cousas, non coma o do mito cristián Marxinaron a Lavinia, deixárona de lado Tratárona de meiga, de becho apestado Tíñanlle medo a unha muller con poder Que co seu pai quixo coñecer Segredos que viñan de máis alá das estrelas A Wilbur, o pobre nin o deixaron medrar Tampouco a súa vida, que foi especial Mais se a veciñanza non fose tan pechada Os males de Dunwich poderían rematar Mais os monstros non viñan do espazo Senón que sempre foron os alienados de aquí abaixo
8.
Na era de internet son reis absolutos Vídeos cuquis e monerías para facernos perder o tempo Xa o lograban no Exipto e en Ulthar tamén son deuses Vivan os gatos, miau que son un encanto, miau. Non digo que non sexan crueis, tamén son despiadados. Pero son xeitosos, e doces E en realidade non teñen maldade. Un dictador así, miau si que merece respecto, miau. Se non se perde o norte As cousas teñen bo xeito. O problema é que os humanos son por defecto, defectos. Na realidade mental que montan sempre acaban babecos. Por iso a revolución non para e sempre hai que mellorar cargándonos as leis caducadas que sempre nos cortan as ás. A sociedade sería mellor se fosemos michos, miau pero co noso razonamento, miau e en vez de querer dominar e en vez de tentar dar medo actuásemos co fin de existir todos xuntos, no posible, co que temos.
9.
Moi ben o de Carter estudando o espazo Mirando que hai máis alá dos soños Apreciando o mundo onírico para reinar nel Pero iso facíao por non ter que facer Era un burgués, con todo doado (Puido aprender, máis alá do utilitario) Puido emprender viaxes fantásticos Durmir ata tarde, erguerse sen amo Iso facilitaba o mundo que quixo Non digo tampouco que fose doado Só el chegou, coas chaves de prata Pero se fose un currela pola cona podería Amizades, familia, fan todo posible Incluso chegar a coñecer a Yog Sothoth É triste pensar que o desenrolo ocultista Tamén é cuestión de clase social Randolph Carter fixo ben en aprender E todas deberíamos querer ser coma el Pero tamén porque todas deberíamos ter dereito E os mesmos posibles de durmir e coñecer Aos seres que agardan no confín do universo A visitar Ulthar, Celephaïs ou Yaddith E incluso a ter a oportunidade única De que o mesmo Yog-Sothtoh nos ensine a faciana Perdendo a cabeza, pero pola nosa decisión
10.
Nyarlathotep é o verdadeiro controlador do universo Manexa a Azathoth como quere, e tamén moldea a nosa mente Viu pasar eóns de historia Ten claros os seus poderes Viu nacer á humanidade Entende que somos moldeables Deste xeito sabe ben Facerse boa publicidade E aínda así engana menos que os que branquean aos nazis Mira que hai que ser babeco para crer a eses babosos Nyarlathotep terá mil caras Pero polo menos ten clase Os seus enganos veñen do seu poder Que exerce con coherencia Os que branquean só lamben os cús Pensando que van lograr algo así Pero todo .l o seu discurso estóupalles nas mans En canto tocan algo e entenden que o odio está mal Esa xente é moi imbécil E Nyarlathotep non ten paciencia. Loitará contra eles sempre Para ter humanidade á que engatusar.
11.
12.

about

Álbum conceptual baseado no universo de H. P. Lovecraft

credits

released November 30, 2022

license

all rights reserved

tags

about

N.O.N. Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact N.O.N.

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like N.O.N., you may also like: